Buscar este blog

lunes, 3 de noviembre de 2014

Os problemas comúns do Big Bang

Históricamente, xurdiron varios problemas dentro da teoría do Big Bang.
Algúns aspectos, como o problema da penumbra en cúspide e o problema da galaxia enana de materia oscura fría, non se consideran graves, dado que poden resolverse a través dun perfeccionamento da teoría.
Existe un pequeno número de propoñentes de cosmoloxías non estándar que pensan que non houbo un Big Bang. Afirman que as solucións aos probleas coñecidos do Big Bang conteñen modificacións ad hoc e agregados á teoría. As partes máis destacadas da teoría inclúen o concerniente á materia oscura e á inflación cósmica.Cada unha destas características do universo foron suxeridas mediante observacións da radiación de fondo de microondas, a estrutura a gran escala do cosmos e as supernovas do tipo IA, pero atópanse na fronteira da física moderna. Se os efectos gravitacionais de materia e enerxía oscuras son ben coñecidos de forma observacional e teórica, aínda non foron incorporados ao modelo estándar da física de partículas de forma aceptable. Estos aspectos da cosmoloxía estándar seguen sen ter unha explicación adecuada, pero a maioría dos astrónomos e os físicos aceptan que a concordancia entre a teoría do Big Bang e a evidencia observacional é tan cercana que permite establecer con certa seguridade casi todos os aspectos básicos da teoría.