Buscar este blog
domingo, 22 de marzo de 2015
Susceptibles ao alzhéimer
Durante moito tempo o estudo da evolución do cerebro limitouse ao estudo do molde endocraneal, é dicir, o molde negativo do cerebro que se obtén polos restos fósiles do cráneo.
lunes, 16 de marzo de 2015
Nova teoría sobre "Stonehenge"

O misterioso conxunto megalítico de Stonehenge foi por moito tempo fonte de numerosos debates e especulacións. Agora, unha nova e curiosa teoría, suxire que o monumento prehistórico foi en realidade "unha antiga Meca sobre pilotes".
A nova teoría formulada por Julian Spalding, un crítico de arte e exdirector de algúns dos museos máis importantes do Reino Unido, suxire que os megalitos non serían utilizados para ceremonias a nivel do chan, senón que servirían de apoio para unha plataforma circular de madeira na que se realizaban ceremonias a ceo aberto.
jueves, 12 de marzo de 2015
O novo récord dun avión solar
O avión Solar Impulse 2, que saiu o luns 9/3/2015, aterrizou o martes en India e bateu un primeiro récord de distancia segundo os organizadores.
Partiu do aeroporto de Mascate, capital do sultanato de Omán, ás 02:35 GMT, recorreu mil 465 km en menos de 16 horas ata Ahmedabad, principal cidade do Estado de Gujarat, nooeste da India. O avión estivo pilotado polo suízo Bertrand Piccard, promotor do proxecto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)